Percorrido

Descrición do percorrido:

Andaina 25 km

Dificultade Media
Duración estimada 5 h. 

Esta andaina iniciámola na Área Recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña. Os primeiros pasos darémolos cara a o Castro Barbudo, onde podemos ver unha panorámica da Ría de Arousa. 

O percorrido continúa ata Ourille, onde se inicia un descenso que nos levará ata o lugar da Ferrería. Durante o descenso atoparemos o primerio punto de avituallamento. Desde aquí diriximonos ao lugar da Hermida, punto onde iniaceremos unha das zonas mais bonitas da andaina,  o descenso pola beira do Río Té, ata chegar a Praia da Torre. 

Desde alí, e a través dun sendeiro que percorre o litoral da Ría de Arousa, chegamos a Burata, onde iniciamos unha subida que, pasando por Paradela, nos levará o punto final da andaina, situado no Área Recreativa de Campo Maneiro.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/andaina-25-km-do-barbanza-2018-27848007

Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h. 


Este percorrido coincide no seu inicio ca andaina de 25 km, concretamente ata chegar a Ourille.

Sairemos de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo) hacia o camiño dos difuntos dende o cal subiremos o castro Barbudo, baixaremos polo camiño de Corques en dirección ao rio Te. 

Iremos polo rio hacia Te e seguiremos polo beira do mar o Porto de Taragoña, continuamos ata cerca de Ponte Beluso. A Burata, despois a Paradela e de volta ata Campo Maneiro. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Información principal