Información principal






































































A reportaxe fotográfica é de Jose



II Andaina de 25 km. do Barbanza 


Como chegar:
Se ves pola autovía do Barbanza coller Salida Rianxo, na rotonda coller a segunda saída, cruzar pequena ponte, seguir todo dereito ate chegar o semaforo, coller a dereita uns 300  metros despois coller na primeira á esquerda todo cara arriba ate chegar a Campo Maneiro.

Domingo 30 de setembro de 2018
Punto de encontro e saída: Campo Maneiro (Taragoña – Rianxo).
Hora de saída ás 9 da mañán. A recollida de dorsais será entre as 8 e as 8.45 h.
Distancia 25 km (hai variante de 15 km).
Proba de regularidade (sistema individual) (Puntuará no Open 25km).
Percorrido circular con inicio e fin en Campo Maneiro.
Organiza.: Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés. Colaboran: Concello de Rianxo – C.M.Xistra.
Haberá unha variante da ruta duns 15 km para os que non se atrevan a facer os 25 km.

Faranse 2 avituallamentos no medio da andaina e outro ao finalizar.

INTRODUCCIÓN:
Dámosche a benvida á primeira andaina de 25 km polas terras do Barbanza, neste ano dirixirémonos ao alto da Muralla, emprazamento privilexiado cunhas vistas inmellorables da zona do Barbanza, da zona do Sar e Ulla, en días despexados recoñecense as torres da catedral de Santiago.

O obxectivo é pasar un bo día de inicio do outono en contacto coa natureza na compañía de xentes aos que une a idea de disfrutar e respectar o entorno natural.

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO:
A organización posibilita facer dous percorridos  1- Percorrido de 25Km 2- Percorrido de 15Km Percorrido  que transcorre por sendeiros, pistas forestais e cortalumes.  Ao tratarse dunha proba de fondo,(non moi esixente) convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

PARTICIPANTES:
A recollida de dorsais será entre as 8:00 e as 8:45. saída será as 9:00h


* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: teléfono móbil, chuvasqueiro, gorra, botella pequena para auga, … e calzado axeitado para andar polo monte.

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.

* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

COLABORAN



DISTEVA


Praza Rafael Dieste (Rianxo)



















Taragoña (Rianxo)




Piscina Climatizada de Rianxo








Comentarios